Marte é o deus da guerra segundo a mitoloxía romana pero tamén é o planeta vermello porque dende a terra recoñecese no ceo nocturno como un punto vermello brillante. hai moitos millóns de anos terrícolas, marte era un planeta estupendo para vivir, cheo de mares e praiasà alí vivían os avós de anamarciana, estrela e ramonmarciano, pero a contaminación fixo que de convertera nun deserto vermello e os marcianos tiveron que emigrar. anamarciana coñecerá marte grazas ao seu avó que a levará de excursión no pote fotónico conducido polo robot ambrosio iv. anamarciana no planeta vermello é a terceira entrega da serie anamarciana, a extraterrestre máis simpática da galaxia, publicada na colección merlín e escrita e debuxada alberto varela ferreiro. unha nova achega desta serie de ciencia ficción para primeiros lectores onde a ilustración infográfica destaca pola súa orixinalidade e pola súa capacidade para suxerir aos lectores espazos siderais.
